Galego

Casa Nicolás atópase nunha contorna rural de tranquilidade absoluta, a moi pouco tempo de diferentes praias como A Ladeira, O Vilar, Espiñeirido, Baroña ou as Furnas. 

Tamén preto da casa atópanse montes e miradoiros increíbles e paseos á beira de ríos. Ofrecemos aos nosos hóspedes bicicletas para que poidan desfrutar do entorno así como raquetas de tenis para xogar nunha pista pública moi próxima á casa. 

Para o lecer dos hóspedes na casa dispoñemos de Netflix, Movistar +, Apple Music, películas, xoguetes para nenos, libros e diferentes xogos de mesa como quebracabezas ou o xadrez.

Casa Nicolás alquílase completa. A casa dispón de tres habitacións, dous baños, cociña, sala de estar e baixo. 

A nosa preocupación polo medio ambiente fíxonos instalar unhas placas fotovoltaicas para a electricidad, climatización e ACS. Todo isto, xunto a domótica e o aislamento utilizado na reconstrucción da casa, o noso obxectivo é conseguir que sexa enerxéticamente autosuficiente.

Atopámonos en Bretal, unha pequena aldea preto de Ribeira. Estamos a 40 minutos de Santiago de Compostela e a 5 minutos do Hospital da Barbanza. A nosa dirección sería: Bretal, nº262, 15969, A Coruña.

Para contactar con nos podedes facelo a través do correo electrónico "info@casanicolas.eu" ou ben a través do teléfono móvil 687 465 713 (Conchi) ou  649 050 742 (Xosé).